OpenStreetMap

Monchinho's Diary

Recent diary entries

O que levo feito

Posted by Monchinho on 11 December 2021 in Galician (Galego). Last updated on 29 December 2021.

Listaxe do que levo feito por concellos:

-Engadidos censos de moitos concellos. Engadidos censos por aldeas e parroquias de Brión e Negreira. Engadidos censos por aldeas de Urdilde e Agrón.

AMES -Revisadas todas as aldeas das parroquias de Ames, Agrón, Covas, Bugallido, Piñeiro, Lens, Tapia e Trasmonte. Varias melloras en todo o territorio.

ARTEIXO -Engadida microtoponimia do Porto Exterior da Coruña.

BAIONA -Engadida microtoponimia da península de Monte Real e a contorna do Cabo Silleiro. Corrixidos erros.

A BAÑA -Engadidas todas as aldeas que faltaban. Engadido rueiro de San Vicenzo. Corrixidos varios erros.

BECERREÁ -Arranxada Igrexa de San Cristovo. -Corrixidas aldeas da parroquia de Penamaior.

BEGONTE -Engadidas aldeas que faltaban en Baamonde e San Martiño de Pacios. Corrixidos erros ortográficos e rueiro de Baamonde.

BOIRO -Engadidas aldeas que faltaban da parroquia de Macenda.

BOQUEIXÓN -Corrixidos algúns microtopónimos.

BRIÓN -Engadida toda a información posible das parroquias de Viceso, Ons, Luaña e Cornanda. Áreas forestais, aldeas, edificios e casas, áreas industriais, igrexas, capelas, pazos, patrimonio, estradas, camiños, microtoponimia completa, regueiros, árbores, taboleiros, sinais de tráfico, etc. Suavizadas estradas e camiños. -Engadida toda a microtoponimia de Boullón. Engadida igrexa de Boullón. -Engadida a microtoponimia da contorna de Saíme e do extremo dos Ánxeles con Boullón e Saíme. -Arranxada parte da microtoponimia que estaba mal do resto das parroquias. Correccións por todo o territorio. Engadidas parroquias. Engadidas rúas dos Ánxeles.

CARIÑO -Engadida microtoponimia e novos illotes do Cabo Ortegal.

CARNOTA -Engadidos microtopónimos e illotes da contorna de Quilmas, O Pindo e Caldebarcos. Correccións varias.

CERVO -Engadida microtoponimia dos Farallós e corrixidos erros.

A CORUÑA -Engadidos microtopónimos costeiros desde o límite con Arteixo até pasando a Torre de Hércules.

DUMBRÍA -Engadidas aldeas que faltaban da parroquia do Ézaro. Corrixidos erros ortográficos.

FISTERRA -Engadidas aldeas que faltaban e corrixido todo o rueiro da vila. Correccións varias.

A FONSAGRADA -Corrixidas aldeas das parroquias de Monteseiro, A Trapa e O Vilar da Cuíña. -Engadidos algúns microtopónimos e corrixidos outros.

A GUDIÑA -Corrixidos os nomes das aldeas de Pentes e pequenas correccións.

LAXE -Revisado todo o rueiro da vila, engadindo rúas e corrixindo outras. Correccións ortográficas.

LOBIOS -Engadidos algúns microtopónimos no límite con Portugal nas parroquia de Manín e A Illa.

LOUSAME -Engadidas todas as aldeas que faltaban. Corrección de varios microtopónimos e algúns engadidos.

MALPICA DE BERGANTIÑOS -Engadida toda a microtoponimia das Illas Sisargas e tamén algúns microtopónimos das proximidades.

MAZARICOS -Engadidos os nomes das rúas do Pino de Val e algún comercio. Corrixido o rueiro da Picota e engadidas varias rúas.

A MEZQUITA -Corrixidos erros na zona da Vilavella.

MONDOÑEDO -Corrixido lugar de San Cristovo (Os Remedios) e creada capela.

MONTERROSO -Engadidas as aldeas que faltaban da parroquia de Esporiz.

MUROS -Mellorada a parroquia de Louro revisando o rueiro, engadindo as aldeas que faltaban, engadindo a microtoponimia, corrixindo erros, etc. -Mellorada a parroquia de Lira, especialmente Portocubelo e toda a zona da piscifactoría engadindo microtoponimia e corrixindo erros. -Revisadas e engadidas as aldeas que faltaban e outras correccións nas parroquias de Esteiro e Tal.

NAVIA DE SUARNA -Corrixidos os nomes de todas as aldeas. Engadidos algúns microtopónimos.

NEGREIRA -Engadidas todas as aldeas que faltaban do concello e corrixindo outras. Outras correccións. -Revisado todo o rueiro, engadidos comercios e actualizados outros. Engadidos varios elementos patrimoniais. Engadidos pasos de peóns e suavizados estradas e camiños. Melloras múltiples.

NEGUEIRA DE MUÑIZ -Corrixidos algúns nomes de aldeas.

NIGRÁN -Corrixidas As Estelas e engandida a súa microtoponimia.

NOIA -Engadidas as aldeas que faltaban. Corrixidas algunhas rúas e comercios.

OUTES -Engadidas as aldeas que faltaban e corrixidas moitas outras. Pequenas correccións en microtopónimos e estruturas.

PADRÓN -Engadidas todas as aldeas que faltaban e corrixidas outras. Revisadas algunhas rúas.

PONTECESURES -Engadida a toponimia maior que faltaba e pequenas correccións.

A PONTENOVA -Mellorada parroquia de Vilaboa.

O PORTO DO SON -Corrixido e ampliado o rueiro de Portosín. Engadidos moitos microtopónimos. -Corrixido e ampliado o rueiro do Porto do Son. Engadidos algúns microtopónimos. -Corrixidos erros ortográficos. Correccións dalgunhas estruturas e suavizado de estradas. -Engadidas aldeas que faltaban de Miñortos, Goiáns e Noal.

RIBEIRA -Engadida toda a microtoponimia do arquipélago de Sálvora, incluídos ducias de illotes, toponimia marítima e correccións varias. -Engadidos algúns microtopónimos de Aguiño e Castiñeiras.

O RIÓS -Engadidos algúns microtopónimos na parroquia do Riós.

RIOTORTO -Revisada e corrixida toponimia maior da parroquia da Órrea.

ROIS -Engadidas todas as aldeas que faltaban do concello. -Corrixidos e engadidos varios microtopónimos por todo o territorio. -Engadida moita información na zona da capital e arredores e tamén no Sisto (Ribasar). -Casas, árbores e muros da Pedreira, limítrofe coa Pedreira de Brión. -Mellorado núcleo urbano de Urdilde e accesos ao corredor Brión-Noia.

SANTA COMBA -Revisado e ampliado todo o rueiro da vila. -Engadidas aldeas que faltaban da Pereira, engadidos microtopónimos e comercios. Corrección de varios erros.

SANTIAGO DE COMPOSTELA -Contorna do Hotel Garcas, en Sabugueira. -Completadas aldeas das parroquias da Enfesta e Sabugueira. Correccións varias. -Outras pequenas correccións.

SANTISO -Corrixidas aldeas de Beigondo e algún microtopónimo.

SILLEDA -Correccións na Bandeira.

TEO -Revisada a fondo e corrixidos varios erros na parroquia de Calo. -Pequenas correccións en Luou, Reis e Lampai.

TOQUES -Pequenas correccións e engadidos.

VAL DO DUBRA -Revisado, corrixido e ampliado rueiro de Bembibre. Engadidos varios microtopónimos e camiños da parroquia de Bembibre.

VEDRA -Corrixidos varios microtopónimos e tamén algúns nomes de aldeas.

A VEIGA -Engadidos varios microtopónimos das parroquias da Ponte e Xares. Corrixidos moitos outros.

VIANA DO BOLO -Engadidos varios microtopónimos das parroquias de Pradorramisquedo e Cepedelo. Corrixidos moitos outros.

VIGO -Corrixida e completada toda a microtoponimia da Illa de San Martiño e os illotes que hai cara ao sur.

VILAGARCÍA DA AROUSA -Engadidos algúns microtopónimos da Illa de Cortegada e tamén uns poucos urbanos da vila.

MADRID -Engadidos varios elementos e rúas na zona de San Ignacio de Loyola (Las Águilas). Corrixidas varias paradas de autobús e outros elementos.

2021/Decembro/11